Código fonte

 

O proxecto Desire 2.0 debe servirlles de estímulo a docentes e usuarios para compartir coñecementos. Entendemos que actualmente a formación precisa imperiosamente un cambio de mentalidade que considere o coñecemento como algo para compartir. O cambio debemos enfocalo como un “presente inmediato” e como un proceso de adaptación “futuro e difuso”. Gobernos e institucións decatáronse dos beneficios do coñecemento aberto e da relación directa existente coas novas tecnoloxías. O ser humano aprende, ensina e emprega os seus coñecementos na medida da liberdade que teña para facelo. As novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) non fan máis que consolidar o “novo” proceso de formación e coñecemento do individuo.


As liberdades e dereitos con respecto ao software libre espalláronse ao terreo do coñecemento, colmando a seguinte noción, moi estendida, de coñecemento libre:


* O coñecemento libre pode ser libremente adquirido e libremente usado, con calquera propósito e sen necesitar o permiso de ninguén (libertad 0).

* O coñecemento libre pode adaptarse libremente ás necesidades do adquisidor (libertad 1). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto.

* O coñecemento libre pode compartirse libremente cos demais (libertad 2).

* O coñecemento libre é tal que pode mellorarse e as súas versións adaptadas e melloradas poden compartirse libremente cos demais, para que así se beneficie a comunidade enteira (libertad 3). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto.

En Desire 2.0 intentamos, na medida do posible, cumprir as catro liberdades, liberando os contidos baixo licenzas non restritivas Creative Commons para os textos e imaxes, e licenzas GNU/GPL e BSD para a maioría dos desenvolvementos de software.


¿Que proporciona o proxecto?

 

* Catalogación de obxectos de aprendizaxe e recursos didácticos procendentes das Accións Complementarias 2008-2009.

[ IR AO CATALAGO DAS ACCIONS ]

 

* Módulo GPL para a catalogación de recursos didácticos e obxectos de aprendizaxe. 

  • Versión actual: 1.0.1: Engadida licenza GPL no empaquetado.

[ DESCARGAR ]

 

 

* Base de datos do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais en formato SQL actualizada en Novembro do 2010.

[ DESCARGAR ]

* Descargar Drupal Profile con Modulo SNCP incorporado.

[ DESCARGAR ]