Comunidade

Un dos obxectivos fundamentais do proxecto Desire3 é a articulación dunha comunidade práctica, que pase da cultura da competencia á cultura da colaboración. Para lograr este obxectivo usamos as redes sociais, que permiten aos usuarios relacionarse entre si, compartir información e opinións.

[ A comunidade é fundamental para  Desire3 ]

Desire3 utiliza fundamentalmente 3 redes sociais: Twitter, SlideShare e Vimeo.
 

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, e permite publicar ó usuario actualizacións persoais, así como ler as doutros usuarios.

Estas actualizacións, coñecidas tamén como tweets, poden acadar de máximo os 140 caracteres. Os usuarios do servizo poden seguir as anotacións doutros facéndose os seus seguidores (followers), así como ser seguidos polos demais.

Usamos Twitter para difundir novos contidos, webinars e artigo ou blogs interesantes relacionados co proxecto.

Slideshare é un sitio web que ofrece aos usuarios a posiblidade de aportar e compartir en público ou en privado presentacións de diapositivas ou transparencias en formatos LibreOffice, Microsoft Office e PDF entre outros. 

Subimos ao noso espazo en Slideshare as presentacións e diapositivas de eventos ou actividades nas que se promociona ou difunde o proxecto.

Vimeo é unha rede social baseada en vídeos, creada en novembro de 2004, que permite compartir e almacenar vídeos dixitais para que os usuarios os comenten. Vimeo non admite vídeos comerciais de televisión, demostracións de videoxogos ou calquera outro contido que o usuario non crease.

Subimos ao noso espazo en Vimeo as grabacións dos "webinars" do proxectos, os avances no desenvolvemento dos dispositivos móbiles ...etc.

Un webinar é un tipo de conferencia, taller ou seminario que se transmite vía web. A característica principal é a interactividade do evento, no cal os usuarios participantes poden realizar consultas en tempo real ao ponente.

No 2011, e por segundo ano consecutivo, organizamos webinars con ponentes relevantes no mundo da aprendizaxe e as novas tecnoloxías.