Concurso

 

III EDICIÓN DO CONCURSO

“O MELLOR OBXECTO DE APRENDIZAXE LIGADO AO SISTEMA NACIONAL DE CUALIFICACIÓNS”

 

Forem Galicia, convoca a terceira edición do concurso de creación de obxectos de aprendizaxe,  ao abeiro do proxecto Desire, respositorio de obxectos de aprendizaxe ligados o Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais. Este proxecto está desenvolvido baixo o amparo e financiación das Accións Complementarias (Fundación Tripartita) e a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.

 

A participación no concurso e aberto a calquera entidade ou persoa física, e ten como finalidade a creación e promoción dunha comunidade de práctica para o intercambio de obxectos de aprendizaxe que permita desenvolver a innovación na formación para o emprego, baseada na capacidade das TIC para permitir novas aproximacións pedagóxicas.

 

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

 

  • Os obxectos presentados deben estar incluídos nalgunha das familias profesionais do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais.
  • O obxecto de aprendizaxe deberá seguir o estándar LOM, de etiquetado de obxectos.
  • Os concursantes que desexen participar no concurso deberán aportar o obxecto de aprendizaxe no repositorio "Desire3" e marcar a caixa "III Concurso Obxectos de Aprendizaxe" no último paso no formulario de achegas de obxectos.
  • O prazo de recepción de propostas é ata o 15 de setembro ás 23:59 horas.
  • O fallo do xurado emitirase o día 19 de setembro ás 14:00 horas no portal de Forem Galicia http:///portal.foremgalicia.eu



[ Exemplo de etiquetaxe no obxecto no III Concurso ]

PREMIOS

Primeiro premio:

Segundo premio:

Terceiro premio:

Todos os premios están suxeitos á dispoñibilidade, tanto o equipamento hardware como os cursos. En caso de non poder servir os citados modelos serán sustituidos por outros de iguales ou similares características. No caso de que os cursos non se celebrasen, serán sustiuidos por outros de iguais ou similares contidos ou temática.

O xurado estará formado por membros escollidos do comité científico do proxecto Desire. O premio pode ser declarado deserto si o xurado así o estima oportuno. As decisións do xurado serán, en todo caso, inapelables. Os concursantes, polo feito de participar neste concurso, renuncian expresamente ao exercicio de todo tipo de reclamacións contra as resolucións daquel. O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por todos os concursantes das presentes bases; motivo polo cal non poderán impugnalas unha vez formalizada a presentación.

O comité científico utilizará para a avaliación dos obxectos de aprendizaxe recibidos a ferramenta LORI(Instrumento de Evaluación de Objetos de Aprendizaje), cos seguintes criterios de avaliación:

Calidade do contido: Veracidade, exactitude, equilibrio na presentación dos contidos e nivel de detaie apropiado

Adecuación aos obxectivos de aprendizaxe: Adecuación entre os obxectivos de aprendizaxe, actividades, avaliacións e características dos alumnos aos que se dirixe

Motivación: Capacidade para motivar e crear interese dacordo aos alumnos a quenes se dirixe

Interactividade e adaptación: Promoción da interactividade dos estudiantes e adapatación ás súas necesidades

Presentación: Características do deseño orientadas a favorecer o aprendizaxe e o desenvolvemento cognitivo

Usabilidade da interacción: Facilidade de navegación, interface intuitiva e calidade dos sistemas de axuda

Accesibilidade: Deseño dos controis e presentación dos formatos axeitados aos alumnos con discapacidade

Reusabilidade: Posibilidade de uso en contextos de aprendizaxe distintos e con estudiantes con traxectorias distintas

Conformidade a estándares: Aplicación de algún dos estándares e/ou especificacións internacionais

CONSULTA DE DÚBIDAS

Calquera consulta sobre as bases de este concurso pode ser formulada na seguinte dirección de correo electrónico proxectodesire(@)gmail.com