O obxectivo da estandarización é aumentar as posibilidades de reutilización de contidos e actividades de maneira independente do sistema de xestión de cursos ou LMS utilizado.
Deste xeito, os contidos incluídos no repositorio de recursos poderán exportarse con independencia do formato orixinal no que se xeraron.
Hai que considerar a adaptación a estándares ou especificacións de empaquetamento de contidos que definen como deben dispoñerse os obxectos de aprendizaxe e grupos de obxectos de aprendizaxe para que poidan ser importados nos sistemas administrativos.
Trátase tamén de que sexan transportados entre sistemas e almacenados de maneira que poidan buscarse doadamente, para acceder a eles e reutilizalos. Estándares clásicos son SCORM e IMS .
En resumo: co fin de facer posibles as interaccións entre o repositorio e os sistemas cos que deba comunicarse, considéranse no sistema os estándares SCORM, IMS e LOM-ES, nas súas últimas versións aplicables.
A ficha base fundaméntase no estándar LOM-es que, por dicilo deste xeito, engloba o resto de estándares.
O apartado clasificación de LOM é o que distingue ao sitio. Baséase nos criterios de realización do sistema nacional de cualificacións para as tarefas específicas da ocupación.
A indefinición actual, en canto a codificación e descrición, no SNC para os criterios de realización para competencias transversais fixo que buscaramos unha alternativa fiable.