O concurso: histórico
Resultados do concurso de OA

Primeiro premio: DESERTO
Ningún dos obxectos presentados cumpría os requisitos do concurso completamente.
OUTROS PREMIOS
Concédense 3 accésit:
Obxecto: Introdución ás
ferramentas da web 2.0 para docentes.
Autor (ou autora): C.Pagano
Obxecto: Alimentación
Autora: Nieves Redondo
Obxecto: Modelo de referencia OSI
Autor: Martín Corrales
Na lista de obxectos pode verse a primeira versión dos premios.
Algúns obxectos da lista foron creados pola organización (ou por outras organizacións) e non se presentaban ao concurso.
Moodle dispoñible
Desde o 19 de outubro está dispoñible unha instancia do LMS Moodle para que todos os usuarios poidan visualizar e votar os contidos en formato SCORM (que, como sabedes, requiren unha aula virtual para verse ben) presentados dentro do prazo.
¡A votar!
Acabou o prazo
O día 15 de outubro de 2009 ás 23:59 horas rematou o prazo para a recepción de obxectos para o Certame de Obxectos de Aprendizaxe.
A participación foi bastante baixa. Grazas a todos os que vos esforzastes para crear un material e deixalo no dominio público, sabemos que o posible premio influíu menos do que parece, aínda que sexa importante. A votación, aberta a todas as persoas rexistradas, rematou o 31 de outubro.
O luns 2 de novembro publicouse a lista de premios.
Lembrámosvos que o resultado do concurso dependeu da vosa opinión.
Convocatoria

OBXECTO DO CONCURSO: Preferentemente paquete Scorm para 5 horas de teleformación etiquetado e subido ao repositorio [ver bases do concurso (0)]
PARTICIPANTES: Creadores de contidos que respondan aos criterios do sistema nacional de cualificacións profesionais.
DATA DE RECEPCIÓN: Desde o 15 de setembro ao 15 de outubro de 2009.
PREMIOS: Primeiro premio, 3000 euros (en forma dun contrato de 20 horas para a mellora do obxecto); 3 accésit de 1000 euros (en forma dun contrato de 20 horas para a mellora do obxecto)
SELECCIÓN DE OBXECTOS PREMIADOS: Por votación entre os participantes. O formulario de votación estará aberto dende o 15 de setembro ao 15 de outubro de 2009.
Se hai empate o equipo do proxecto votará para dirimilo
PUBLICACIÓN DA DECISIÓN: 31 de outubro de 2009
| Proxecto | Un pouco de filosofía detrás |
| Estandarización | O transversal en Desire |




