
Android é un paquete de software baseado en código aberto para teléfonos móbiles, creado por Google e a Open Handset Alliance. Atópase correndo dentro de millóns de teléfonos, tablets e outros dispositivos. Na actualidade a evolución do mercado da telefonía indica que Android será a plataforma móbil predominante en 2011.
A forma en que utilizamos a rede Internet para comunicarnos evolucionou de xeito exponencial na última década. Pasamos en menos de 10 anos de utilizar conexións RTB*1 de 56 Kbps a liñas de banda ancha FTTH*2 de 100Mbps. É evidente que esta evolución se trasladou aos dispositivos móbiles. Resultaría impensable hai só cinco anos afirmar que o acceso a Internet, redes sociais e recursos en liña se realizaría de forma habitual desde un teléfono.
[ O uso do móbil con conexión á rede Internet crece rápidamente ]
Desire3 é un proxecto vivo que reacciona con rapidez ante a re-evolución.As propostas de valor engadido son fundamentais na proposta de Forem Galicia.
Un dos obxectivos prioritarios é afianzar a bidireccionalidade nas vías de comunicación dentro da rede do coñecemento, é dicir, debemos conseguir que o contido flúa directamente cara ao receptor no momento en que se xera. O auxe dos dispositivos móbiles e tablets facilitará, sen ningunha dúbida, a transición.
Que é o que fai de Android algo especial?
Na actualidade existen moitas plataformas móbiles no mercado, como poden ser Symbian OS(Nokia), iPhone, Windows Mobile. Ningunha delas, agás Android, combina á perfección características e obxectivos compartidos con Desire3:

[Detalle dun tablet Archos 101, o mesmo modelo que usamos en Desire3 para desenvolver a aplicación]
Como integramos Android con Desire3?
Desde a versión 2 de Desire é posible acceder á ficha dos obxectos achegados ao repositorio lendo un ficheiro XML.
XML é o acrónimo de eXtensible Markup Language, que poderiamos definir como unha metalinguaxe extensible de etiquetas desenvolta polo W3C, derivada, simplificada e adaptada do SGML, que permite definir a gramática de linguaxes específicas.
XML non naceu só para a súa aplicación en Internet, senón que se propón como un estándar para o intercambio de información estruturada entre diferentes plataformas. Pode usarse en bases de datos, editores de texto, follas de cálculo e case calquera cousa imaxinable.
XML é unha tecnoloxía sinxela que ten ao seu redor outras que a complementan e a fan moito máis grande e cunhas posibilidades moito maiores. Ten un papel moi importante na actualidade xa que permite a compatibilidade entre sistemas para compartir a información dunha maneira segura, fiable e fácil.
Entre as múltiples vantaxes de XML destacamos:
É extensible: Despois de deseñado e posto en produción, é posible estender XML coa adición de novas etiquetas, de maneira que se poida continuar utilizando sen complicación ningunha.
O analizador é un compoñente estándar, non é necesario crear un analizador específico para cada versión de linguaxe XML. Isto posibilita o emprego de calquera dos analizadores dispoñibles. Desta maneira evítanse bugs e acelérase o desenvolvemento de aplicacións.
Se un terceiro decide usar un documento creado en XML, é sinxelo entender a súa estrutura e procesala. Mellora a compatibilidade entre aplicacións. Podemos comunicar aplicacións de distintas plataformas, sen que importe a orixe dos datos, é dicir, poderiamos ter unha aplicación en Linux cunha base de datos Postgres e comunicala con outra aplicación en Windows e Base de Datos MS-SQL Server.
A aplicación instalada nun dispositivo móbil correndo Android é capaz de procesar o arquivo XML coa listaxe de todos os obxectos do repositorio.
Versión para Android de Desire3
[ Click no Androide para descargar Desire3 ]
Desire3 versión pode descargarse dende o Android Market. É unha tenda de software en liña desenvolta por Google para os dispositivos Android. É unha aplicación ("app") chamada Android Market que está preinstalada na maioría dos dispositivos Android e que lles permite aos usuarios buscar e descargar aplicacións publicadas polos desenvolvedores de terceiros, aloxado en Android Market. Os usuarios tamén poden buscar e obter información sobre aplicacións da súa páxina web.
Google anunciou o Android Market o 28 de agosto de 2008, e púxoo a disposición dos usuarios o 22 de outubro de 2008. Introduciuse soporte para as aplicacións de pago o 13 de febreiro de 2009 para os desenvolvedores de EEUU e do Reino Unido, co apoio adicional de 29 países o 30 de setembro de 2010.
Android Market ten un acceso fácil e rápido ás súas aplicacións. As aplicacións son creadas por desenvolvedores de todo o mundo e posteriormente puntuadas polos usuarios de Android. O menú ten as seguintes opcións:
* Mostraxe: avanza polas iconas da parte superior para ver as aplicacións amosadas.
* Aplicacións: examina todas as aplicacións ou busca aplicacións por categorías.
* Xogos: examina todos os xogos ou busca xogos por categorías.
* Busca: busca aplicacións en Android Market.
* As miñas descargas: visualiza as aplicacións que están instaladas no dispositivo.
As categorías de xogos e aplicacións do menú principal proporcionan submenús para que a busca sexa máis sinxela. Os usuarios teñen a posibilidade de valorar as aplicacións mediante un sistema similar a YouTube, cunha escala do 1 ao 5; tamén ofrece a posibilidade de poñer comentarios sobre a aplicación. A novidade da nova versión de Android Market é tamén a posibilidade de engadir capturas de pantalla da súa aplicación.
Versión para iPhone de Desire3

[ Á espera de validación na AppStore ]
App Store é un servizo para o iPhone, o iPod Touch, o iPad, Mac OS X Snow Leopard e Mac OS X Lion, creado por Apple Inc., que lles permite aos usuarios buscar e descargar aplicacións informáticas de iTunes Store ou Mac App Store no caso de Mac OSX, desenvoltas co iPhone SDK e publicadas por Apple. Estas aplicacións están dispoñibles para ser compradas ou libres de custo, dependendo de cada unha. As aplicacións poden ser descargadas directamente ao iPhone ou ao iPod Touch por medio dunha aplicación do mesmo nome, aínda que App Store tamén está dispoñible no interior do programa informático iTunes.
Versión para Escritorio do notificador.
Xunto coas dúas aplicacións para Android e iPhone, desenvolvimos un paquete .jar que notifica aos usuarios dos obxectos dispoñíbles no repositorio.
¿Queres ver unha demo?
Desire 3_android_alpha_01 from Desire3.0 on Vimeo.