Xa o adiantabamos na versión anterior do proxecto ”é complicado, pero hai que intentalo”. A cita fai referencia á complexidade no cambio de mentalidade de todos os actores que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe, cambio necesario xa que a incorporación da tecnoloxía nos diferentes eidos deste proceso está levando, dun xeito implacable, a un cambio de paradigma.
A acción que nos ocupa está destinada a mellorar un sistema xa existente desenvolto no marco da convocatoria de accións complementarias 2008 e 2009, aproveitando tamén os resultados e a experiencia doutros proxectos para tentar dar resposta a algúns dos retos que percibimos neste contexto.
O proxecto fomentará a transferibilidade e interoperatividade con outras plataformas da Fundación, sempre e cando o uso dos estándares o permita.
As cualificacións profesionais publicadas a través do catálogo INCUAL seguen a ser o marco de desenvolvemento dos certificados de profesionalidade. Estes enmarcan o escenario para que as persoas accedan á formación e poidan construír o seu itinerario formativo.
[ Desire3 axuda a construir o itinerario formativo ]
Por outra banda, o avance sen fin da denominada web social, e a xa case presente Web 3.0 ou web semántica, está modificando a grandes pasos o xeito que as persoas teñen de aprender e de traballar, métodos que inflúen de xeito drástico no cambio de paradigma do traballo docente.
Seguindo a nosa idea orixinal, este proxecto pretende facilitar o devandito cambio mediante unha incidencia dobre:
-
o desenvolvemento de ferramentas que faciliten o intercambio de materiais dixitais e
-
a capacitación docente para a integración das TIC na aprendizaxe, incidindo, neste último obxectivo, nun cambio de mentalidade.
De certo, comprobamos que é moi complicado sementar neste eido, pero pensamos que a semente xa está medrando na nosa Fundación e nos nosos colaboradores.
Aínda que moi lentamente, o número de obxectos do noso repositorio (durante o desenvolvemento do proxecto Desire 2) ascendeu, e sobre todo o número dos nosos docentes e colaboradores interesados neste cambio de paradigma aumentou de xeito considerable, grazas en certa medida á súa difusión a través de seminarios web, con gurús de sona neste ámbito (Gorka Palazio, Lucio Margulis, Esperanza Roman Mendoza etc.).
Seminarios e actividades que contribúen a aumentar as competencias TIC nos docentes e, sobre todo, o cambio de mentalidade como actores principais.
Sinalabamos na convocatoria 2009 que “son os docentes os que directamente teñen que facer materiais, en especial materiais complementarios, e compartilos con outros. A web 2.0, a web social, esixe unha formación 2.0, unha formación social, con grande intervención dos usuarios na creación dos contidos. Cómpre pasarmos da cultura da competencia á da colaboración. Iso é, verdadeiramente, innovador”.
Na Fundación Forem Galicia, e este é un feito transferible a calquera outra entidade, temos claro que non é posible dispoñer de materiais didácticos actualizados e mellorados de xeito constante se non é coa colaboración dos docentes.
Continuando co traballo dos anteriores proxectos, o repositorio, xa posto en marcha, propiciou o interese dalgúns docentes (os máis capacitados tecnoloxicamente) para desenvolver obxectos e sobre todo poñelos a disposición dos demais.
Nalgúns casos obxectos sinxelos e noutros, obxectos máis elaborados que comezan a amosar un cambio na actitude docente:
-
a preocupación polo uso das novas tecnoloxías e recursos na súa actividade docente cotiá,
-
e a súa vontade de compartir os obxectos creados.
E o que é quizais mellor, a contribución á comunidade que o vai utilizar, valorar e reciclar, mellorando o devandito recurso a través dun sistema de colaboración permanente e continuo. Deste xeito, cada recurso achegado pode ser personalizado para a construción da aprendizaxe, en grupo ou individualmente.
Cómpre mencionarmos neste punto os obxectos de aprendizaxe premiados no noso II Concurso de Obxectos de Aprendizaxe, onde o traballo desenvolto polos gañadores está a ser empregado por outros docentes e entidades como un medio formativo comunitario, por exemplo a Guía Active Inspire e o seu timeline en Twitter, ou o seu blog de actualizacións e recursos, un exemplo moi claro de recurso posto a disposición da comunidade onde a cultura da competencia está dando paso á cultura da colaboración.
Ao mesmo tempo, o concurso amplamente difundido xunto cos seminarios web, boletíns, sementes RSS, liña twitter etc. está a fomentar que os docentes máis innovadores actúen como axentes ‘de transmisión’ e propicien o cambio noutros docentes.
O obxectivo da estandarización é aumentar as posibilidades de reutilización de contidos e actividades de maneira independente do sistema de xestión de cursos ou LMS utilizado.
Deste xeito, os contidos incluídos no repositorio de recursos poderán exportarse con independencia do formato orixinal no que se xeraron.
Hai que considerar a adaptación a estándares ou especificacións de empaquetamento de contidos que definen como deben dispoñerse os obxectos de aprendizaxe e grupos de obxectos de aprendizaxe para que poidan ser importados nos sistemas administrativos.
Trátase tamén de que sexan transportados entre sistemas e almacenados de maneira que poidan buscarse doadamente, para acceder a eles e reutilizalos. Estándares clásicos son SCORM e IMS .
En resumo: co fin de facer posibles as interaccións entre o repositorio e os sistemas cos que deba comunicarse, considéranse no sistema os estándares SCORM, IMS e LOM-ES, nas súas últimas versións aplicables.
A ficha base fundaméntase no estándar LOM-es (17) que, por dicilo deste xeito, engloba o resto de estándares.
O apartado clasificación de LOM é o que distingue ao sitio. Baséase nos criterios de realización do sistema nacional de cualificacións para as tarefas específicas da ocupación.
A indefinición actual, en canto a codificación e descrición, no SNC para os criterios de realización para competencias transversais fixo que buscaramos unha alternativa fiable.
Tomando como base el esfuerzo, planificación y trabajo realizado en la versión 1.0, hemos redefinido los objetivos siendo los principales:
Estímular a docentes y usuarios a compartir conocimientos
LINK: http://www.proxectodesire.eu/compartir
Catalogación de materiales y hacerlos accesibles.
LINK: http://www.proxectodesire.eu/accionescomplementarias
Crear comunidad que gire entorno al repositorio.
LINK: http://www.proxectodesire.eu/comunidad
La libre distribución de los contenidos y código fuente del proyecto.
LINK: http://www.proxectodesire.eu/distribucion
Los certificados de profesionalidad establecen un escenario en que el catálogo de las cualificaciones profesionales del INCUAL, usando un símil teatral, sería el foro que marca lo que ocurre en los planos y en el proscenio. Hace una apuesta por la flexibilidad (una parte de cada módulo formativo puede cursarse de forma non presencial).La innovación está ligada a la tecnología solo en parte. La magnitud de los cambios que implica la incorporación tecnológica, el aprendizaje social, lleva a un nuevo paradigma del proceso de enseñanza-aprendizaje. Para integrar las TIC en el aprendizaje hacen falta competencias en los docentes, hacen falta contenidos y actividades en formatos adecuados y, sobre todo, un cambio de mentalidad en todos los actores para cambiar sus roles tradicionales.La experiencia dice que los materiales que se confeccionan con fondos públicos, una vez acabado el proyecto, no se reutilizan suficientemente y lo hacen rara vez fuera de la organización que los prepara. El retorno de la inversión es muy bajo para el sistema, en el mejor de los casos.
Un catálogo/repositorio de los materiales disponibles contribuye decisivamente a cambiar esta situación.Ninguna organización puede ser capaz de actualizar permanentemente todos los materiales que precisa. La actuación de los docentes como actualizadores, busacdores y creadores de materiales complementarios (el papel de curator que defiende Siemens) es clave.La web 2.0, la web social, exige una formación 2.0, un aprendizaje social, incluso con entornos
personales de aprendizaje, con gran intervención de los usuarios, en la creación y búsqueda de contenidos.Desire2.0 es la continuación del proyecto iniciado en el año 2008 cuyo objetivo fue crear un repositorio de objetos de aprendizaje basado en las unidades de competencia del Sistema Nacional de Cualificaciones.
Tomando como base el esfuerzo, planificación y trabajo realizado en la versión 1.0, hemos redefinido los objetivos siendo los principales:
Estímular a docentes y usuarios a compartir conocimientos
LINK: http://www.proxectodesire.eu/compartir
Catalogación de materiales y hacerlos accesibles.
LINK: http://www.proxectodesire.eu/accionescomplementarias
Crear comunidad que gire entorno al repositorio.
LINK: http://www.proxectodesire.eu/comunidad
La libre distribución de los contenidos y código fuente del proyecto.
LINK: http://www.proxectodesire.eu/distribucion
Los certificados de profesionalidad establecen un escenario en que el catálogo de las cualificaciones profesionales del INCUAL, usando un símil teatral, sería el foro que marca lo que ocurre en los planos y en el proscenio. Hace una apuesta por la flexibilidad (una parte de cada módulo formativo puede cursarse de forma non presencial).La innovación está ligada a la tecnología solo en parte. La magnitud de los cambios que implica la incorporación tecnológica, el aprendizaje social, lleva a un nuevo paradigma del proceso de enseñanza-aprendizaje. Para integrar las TIC en el aprendizaje hacen falta competencias en los docentes, hacen falta contenidos y actividades en formatos adecuados y, sobre todo, un cambio de mentalidad en todos los actores para cambiar sus roles tradicionales.La experiencia dice que los materiales que se confeccionan con fondos públicos, una vez acabado el proyecto, no se reutilizan suficientemente y lo hacen rara vez fuera de la organización que los prepara. El retorno de la inversión es muy bajo para el sistema, en el mejor de los casos.
Un catálogo/repositorio de los materiales disponibles contribuye decisivamente a cambiar esta situación.Ninguna organización puede ser capaz de actualizar permanentemente todos los materiales que precisa. La actuación de los docentes como actualizadores, busacdores y creadores de materiales complementarios (el papel de curator que defiende Siemens) es clave.La web 2.0, la web social, exige una formación 2.0, un aprendizaje social, incluso con entornos
personales de aprendizaje, con gran intervención de los usuarios, en la creación y búsqueda de contenidos.