O Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais (SNCP), a Estandarización e os Obxectos de aprendizaxe

O sistema de cualificacións fai unha aposta pola flexibilidade e pola calidade e a innovación formativa.

A innovación está ligada á tecnoloxía só en parte. O cambio nas aproximacións didácticas necesario para afrontar a magnitude dos trocos que implica a incorporación tecnolóxic a leva a un novo paradigma do proceso ensino-aprendizaxe.
 
O que se desprende do novo paradigma é: para integrar as TIC na aprendizaxe fan falta competencias nos docentes, fan falta contidos e actividades en formatos axeitados e, sobre todo, un cambio de mentalidade en todos os actores.
 
A experiencia di que os materiais, unha vez confeccionados, non se reutilizan suficientemente para que o retorno do investimento sexa axeitado.

Un catálogo/repositorio dos materiais dispoñibles podería contribuír decisivamente a cambiar esta situación.

De feito, a idea básica do proxecto non pode ser máis sinxela: pretende consolidar e mellorar o repositorio existente, proporcionar sistemas de descarga sólidos para obxectos grandes, de xeito que actúe como catálogo de recursos dixitais.

Por outra banda, preténdese incidir na creación dunha comunidade de práctica entre os docentes, mellorando as accións que, no pasado, tiveron un éxito limitado.
 
Sinalabamos na convocatoria 2009, no  noso proxecto Desire 2.0, que  “son os docentes os que directamente teñen que facer materiais, en especial materiais complementarios, e compartilos con outros. A web 2.0, a web social, esixe unha formación 2.0, unha formación social, con grande intervención dos usuarios na creación dos contidos. Cómpre pasarmos da cultura da competencia á da colaboración. Iso é, verdadeiramente, innovador”.
 
 O deseño realizado contempla varios pasos:
 

  • A catalogación de obxectos de aprendizaxe reutilizables procedentes de diversas fontes. Estes obxectos serviron como “obxectos piloto” para a determinación da calidade dos grupos de metadatos necesarios para a adecuación a estándares.
  • A mellora dos formularios para etiquetar e incorporar os obxectos dun xeito sinxelo.
  • A revisión dos procedementos de busca e presentación dos obxectos catalogados, con especial atención á presentación de datos.
  • A implementación dun sistema de descarga seguro e eficaz para.
  • A creación dunha comunidade de práctica mediante a difusión do sistema e o desenvolvemento de accións para a ampliación da dimensión social do sitio ao longo do proxecto vanse considerar como un aspecto crucial.
  • Por último, o empaquetado do sistema completo para que poida ser utilizado por calquera organización que o desexe, mediante procedementos que garantan a transferibilidade do sistema sen custo de licenza.
  • As cualificacións profesionais, publicadas a través do catálogo INCUAL, seguen a ser o marco de desenvolvemento dos certificados de profesionalidade. Estes enmarcan o escenario para que as persoas accedan á formación, e poidan construír o seu itinerario formativo.