O Centro de Referencia para a Excelencia en Contornos Abertos (CREA), iniciativa impulsada por FORMAN, consorcio-escola da Consellería de Emprego da Junta de Andalucía, súmase á Comunidade Morfeo e libera un curso de Administración de Sistemas GNU/Linux.
O curso liberado, que estará dispoñible baixo licenza Creative Commons By-SA no concentrador de Morfeo Formación e na forxa da Comunidade, é sobre administración de sistemas GNU/Linux. Os seus obxectivos son capacitar ao alumnado na administración de sistemas Linux/Unix e permitir a obtención de coñecementos que poidan desenvolver dentro do campo profesional de sistemas, iniciándose a formación desde a Instalación do Sistema Operativo, abordando outros aspectos como:
• Administración de usuarios.
• Automatización de tarefas.
• Xestión de redes.
• Xestión da seguridade.
O temario detallado, desenvolvido ao longo de 150 horas, é o seguinte:
1. Introdución a GNU/Linux. Instalación.
2. Primeiros Pasos. Manexo do Shell. Shell Scripts.
3. Xestión de Permisos e Usuarios.
4. Xestión de Software.
5. Introdución ás Redes TCP/IP. Configuración.
6. Redes sen fíos en Linux.
7. Implementación de Servidores de Rede.
8. Introdución á Seguridade en Linux. Seguridade Física.
9. Seguridade Lóxica. Seguridade da Subred.
10. Devasa baixo Linux.
O contido e para empregar dende unha plataforma moodle